Actualidade

Nova

01/02/2024

O pasado 29 de xaneiro tivo lugar unha reunión do Conselllo Reitor do CISPAC, celebrada no Salón Reitoral do Pazo de San Xerome da Universidade de Santiago de Compostela e por vía telemática.

A orde do día estivo composta por 10 puntos que podes ler nesta nova.

Actividade

26/01/2024

O pasado xoves 25 de xaneiro celebrouse a VII sesión do Ciclo de teses en discusión no Lar do CISPAC.

As intevencións foron realizadas por Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) e Hygor M. Faria (UFJF-USC), os cales presentaron os seus proxectos sobre o significado da tatuaxe nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática; e na cuestión indíxena na dictadura militar brasileira.

Nova

15/01/2024

O pasado 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA celebrou un seminario no ciclo de conferencias no noso centro.

A investigadora Tamara López Fernández presentou a disertación que levou por título "Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en Lugo no franquismo (1945-1966)". Nesta tratou temas como as limitacións ao acceso de determinadas fontes documentais de época, a evolución de roubos e furtos e outros aspectos relacionados coa temática da súa investigación.

O evento contou coa moderación de Daniel Lanero Táboas e coa asistencia de diferentes investigadores e investigadoras, tanto presencial como telemática.

Actividade

11/01/2024

O vindeiro 25 de xaneiro celebrarase a VII edición do ciclo de teses en discusión do CISPAC. Nesta ocasión, a actividade contará coa participación de dous investigadores.

Na primeira intervención, Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) presentará o seu proxecto "Unha aproximación á tatuaxe, o seu significado social e simbólico nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática", traballo no que se centra nas modificacións corporais nas sociedades nómades escitas da Idade de Ferro.

A segunda sesión será protagonizada por Hygor M. Faria (UFJF-USC) e polo seu proxecto que leva por título "Entre nosotros y ellos: la cuestión indígena en la dictadura militar y en la justicia transicional, Brasil en una perspectiva latinoamericana". Esta investigación ten como obxectivo afondar nas accións que afectaron ás cuestións indíxenas na xusticia transicional, especialmente nas Comissões da verdade.

A primeira intervención dará comezo ás 11h e a segunda ás 12h, ambas no Lar do CISPAC.

Actividade

09/01/2024

Os investigadores Stefania Barca (Beatriz Galindo-USC e CISPAC) e Marco Antonio Álvarez Sánchez (USC) organizan un obradoiro de lectura para o segundo cuatrimestre do curso académico 23/24. Nel abordarán obras clásicas que traten procesos históricos en forma de discusión de grupo, coa fin de afondar en debates da tradición eco-marxista, eco-feminista e eco-anarquista.

A primeira sesión será celebrada o vindeiro 7 de febreiro na Facultade de Xeografía e Historia (Aula 18, 18.30-20h). Este debate tratará sobre a lectura de "El gran Calibán. La lucha contra el cuerpo rebelde", da escritora e activista Silvia Federici.

Nova

08/01/2024

Estas publicacións permiten integrar ao Noroeste peninsular no fenómeno gráfico paleolítico peninsular, amosando a existencia de paralelismos estilísticos a través de diversas figuras zoomorfas e antropomorfas. Ademais, aportan novos datos en canto as características deste episodio e as relacións entre estes territorios no Paleolítico superior final.

Tania Mosquera Castro, investigadora do CISPAC e no Grupo de Investigación GEPN-ATT da Universidade de Santiago de Compostela, vén de coordinar un estudo comparado das evidencias gráficas do val de Côa e a arte parietal de Cova Eirós na revista 'Munibe Antropologia-Arkeologia'. Este artigo foi publicado en colaboración con Ramón Fábregas Valcarce (GEPN-AAT e CISPAC), André Santos (Universidade de Coímbra e UNIARQ), Xosé Pedro Rodríguez Álvarez (IPHES-CERCA e URV) e Arturo de Lombera Hermida (Universidad de Oviedo e CISPAC).

Por outra banda, un segundo traballo coordinado por Sofía Figueiredo e en colaboración con Ramón Fábregas Valcarce, Arturo de Lombera Hermida e Xosé Pedro Rodríguez Álvarez abordou os achados da arte paleolítica no Noroeste peninsular. Este leva por título 'The Palaeolithic Rock Art of Northern Portugal and Galicia' e está integrado no volume 'The Prehistoric Rock Art of Portugal. Symbolising Animals and Things'.

Actividade

04/01/2024

O próximo xoves 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA, en colaboración co CISPAC, organiza a conferencia da investigadora Tamara López Fernandez. A súa liña de investigación trata a delincuencia no primeiro franquismo, e nesta ocasión presentará a conferencia que leva por título: "Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en Lugo no franquismo (1945-1966)". 

O evento celebrarase no Seminario 103 do Edificio Fontán ás 12h, e tamén haberá unha ligazón para seguir a conferencia vía telemática.

Actividade

27/12/2023

O vindeiro 28 de decembro ás 17h no Lar do CISPAC celebrarase 'Botánica en Compostela'. Este encontro científico busca intercambiar enfoques e perspectivas sobre a cultura botánica e a comprensión global da paisaxe.

A actividade é organizada pola Asociación Flor de Santiago e a Unidade de investigación pARQc da Universidade da Coruña, financiada pola Deputación da Coruña e en colaboración co CISPAC.

Nova

27/12/2023

O pasado 11 de decembro no CISPAC tivo lugar no Edificio Fontán a terceira sesión do proxecto SITOPÍAS.

A continuación deixamos unha escolma fotográfica do evento coordinado pola Asociación Cultural Flor de Santiago, no que interviron varios investigadores e investigadoras asociadas ao CISPAC:

Nova

27/12/2023

A Asociación Europea de Socioloxía (ESA) anuncia a celebración da súa 16ª conferencia en Oporto entre o 27 e o 30 de agosto de 2024.

A temática desta estará vencellada á 'Tensión, Confianza e Transformación', coa fin de captar as perspectivas do activismo sobre o cambio climático, a desigualdade e a violencia, así como das crises e dos desafíos globais, entre outras.

Os investigadores e investigadoras deben enviar o resumo da súa proposta antes do 15 de xaneiro.

Nova

26/12/2023

O grupo de expertos da USC, formado por historiadores, arqueólogos, forenses e xenetistas, coa participación do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), que está coordinado polos profesores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez (grupo HISTAGRA e CISPAC), leva dende o ano 2021 exhumando fosas do tempo da guerra de 1936-1939 e da posguerra en Galicia. Actualmente, centran as súas actuacións na localización da fosa no cemiterio de Santa María do Val, concello de Narón. Trátase dunha das maiores fosas comúns das que se ten constancia, dun total de 90, rexistradas, hoxe en día en Galicia.

Nova

19/12/2023

O horario de consultas do Arquivo Terra e Memoria é de luns a venres e de 9 a 13h no CISPAC (Edificio Fontán, s/n, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela). Para poder acceder aos seus fondos deberase solicitar cita previa nalgún dos seguintes enderezos: terraememoria@usc.es ou cispac.xestion@usc.es.

Este arquivo pretender achegar a investigadoras e interesadas un arquivo de fontes orais de máis de 2000 entrevistas. Podes consultar máis información na súa web premendo aquí.