VII sesión: Ciclo teses en discusión

11/01/2024

O vindeiro 25 de xaneiro celebrarase a VII edición do ciclo de teses en discusión do CISPAC. Nesta ocasión, a actividade contará coa participación de dous investigadores.

Na primeira intervención, Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) presentará o seu proxecto “Unha aproximación á tatuaxe, o seu significado social e simbólico nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática”, traballo no que se centra nas modificacións corporais nas sociedades nómades escitas da Idade de Ferro.

A segunda sesión será protagonizada por Hygor M. Faria (UFJF-USC) e polo seu proxecto que leva por título “Entre nosotros y ellos: la cuestión indígena en la dictadura militar y en la justicia transicional, Brasil en una perspectiva latinoamericana”. Esta investigación ten como obxectivo afondar nas accións que afectaron ás cuestións indíxenas na xusticia transicional, especialmente nas Comissões da verdade.

A primeira intervención dará comezo ás 11h e a segunda ás 12h, ambas no Lar do CISPAC no Edificio Fontán.

Facebook
Twitter