O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é un centro interuniversitario de investigación de nova xeración, integrado no Sistema Universitario de Galicia.

Modelos turísticos e Camiño de Santiago​

Patrimonio, identidade e cultura

Comunidades, participación social e gobernanza

Mundo rural, alimentación e transición verde

Sociedade, demografía e territorio

Actualidade

23/04/2024

O próximo 22 de maio celebraremos unha nova edición do Ciclo de teses en discusión no Lar do CISPAC. Primeiro intervirá M. Guadalupe Castro (11h). Presentará a súa investigación "Del objeto a la comunidad: cerámica prehistórica de Galicia entre el 3000 y el 1000 ANE". Na actualidade traballa como investigadora no grupo EcoPast. 

Ás 12h será a quenda de Roque Sanfiz Arias, quen falará sobre "Innovación na agricultura atlántica. Galicia 1880-2000". Actualmente cursa o Doutoramento en Historia Contemporánea na USC cunha investigación sobre a innovación e os cambios tecnolóxicos na agricultura galega do século XX. 

18/04/2024

O vindeiro mércores 24 de abril, Histagra organiza un novo seminario nas instalacións do CISPAC. Será concretamente no Seminario 103 ás 12:30h.

Nesta ocasión a relatora será Poonam Pandey, investigadora María Zambrano e Investigadora Principal no Laboratorio de Innovación Postcrecemento na UVigo. A súa ponencia leva por título "Merece a pena repetir algunhas historias? A política e a práctica de levar a Revolución Verde ao este da India".

08/04/2024

O CISPAC organizou un novo seminario o pasado 4 de abril. Este foi impartido por Astrid Artner-Nehls, investigadora do grupo de investigación BioKun, da Leibniz Centre for Agricultural Landcape Research (ZALF). A súa exposición levou por título “Representations of livestock slurry in German newspapers 1971–2020:a text mining approach”.

O acto foi presentado por Bruno Esperante Ramos, Profesor Axudante Doutor da Área de Institucións Económicas do Departamento de Economía Aplicada (Universidade de Santiago de Compostela).

Dirección

Onde estamos

A sede do CISPAC localízase no edificio Fontán, que constitúe o derradeiro módulo na configuración do proxecto Cidade da Cultura de Galicia, inaugurado en outubro de 2021 e que acolle outras institucións, como son o Consorcio Interuniversitario de Galicia, ou a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario.

Cun espazo útil de 2.559 m2 e albergando ata  73 académicos universitarios, o CISPAC contribúe á consolildación do macrocomplexo cultural que xera a Cidade da Cultura, e que representa, no seu conxunto, un retorno de 24 millóns de euros anuais en actividades culturais e intensivas en coñecemento, incluíndo tamén o emprendemento social.

Un proxecto de

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia