O pasado xoves 25 de xaneiro celebrouse a VII sesión do Ciclo de teses en discusión no Lar do CISPAC.
Na primeira intervención, Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) presentou a súa investigación “Unha aproximación á tatuaxe, o seu significado social e simbólico nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática”. Comentou a abundancia de modificacións corporais nas sociedades nómades no pasado, centrándose na cultura escita da Idade do Ferro.
A segunda intervención foi realizada por Hygor M. Faria (UFJF-USC) e o seu proxecto “Entre nosotros y ellos: la cuestión indígena en la dictadura militar y en la justicia transicional, Brasil en una perspectiva latinoamericana”. Nela amosou a desigualdade que houbo en canto a violencia na ditadura brasileira, deixando aos indíxenas fóra do marco mental de desenvolvemento do estado, ademais de afondar nas accións da xusticia transicional relacionadas con eles nas Comissões da verdade.
A continuación deixamos unha escolma fotográfica da actividade organizada polo centro: