Aberta a recepción de propostas para a 16ª conferencia da ESA

27/12/2023

A Asociación Europea de Socioloxía (ESA) anuncia a celebración da súa 16ª conferencia en Oporto entre o 27 e o 30 de agosto de 2024. A temática desta estará vencellada á ‘Tensión, Confianza e Transformación’, coa fin de captar as perspectivas do activismo sobre o cambio climático, a desigualdade e a violencia, así como das crises e dos desafíos globais, entre outras.

A Rede Rexional sobre as Sociedades do Sur de Europa (ESA RN27) contribúe neste evento cunha serie de sesións sobre os enfoques e a investigación sociolóxica neste eido territorial.

Os investigadores e investigadoras deben enviar o resumo da súa proposta antes do 15 de xaneiro a través desta ligazón. Entre as temáticas a presentar, barállanse propostas vencelladas a:

  • Territorios, comunidades e espacios sociais
  • Natureza, entornos e ecoloxía
  • Educación, investigación e innovación
  • Xénero
  • Estratificación social
  • Culturas e estilos de vida
  • Política social
  • Migración
  • Empleo, empresas e mercados
  • Desenvolvemento teórico e conceptual sobre as sociedades do sur de Europa
  • Sociedades e policrisis

Toda a información na web da Asociación Europea de Socioloxía:

Facebook
Twitter