Conferencia de Tamara López Fernández (11/01)

15/01/2024

O pasado 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA celebrou un seminario no ciclo de conferencias no noso centro.

A investigadora Tamara López Fernández presentou a disertación que levou por título “Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en Lugo no franquismo (1945-1966)”. Nesta tratou temas como as limitacións ao acceso de determinadas fontes documentais de época, a evolución de roubos e furtos e outros aspectos relacionados coa temática da súa investigación.

O evento contou coa moderación de Daniel Lanero Táboas e coa asistencia de diferentes investigadores e investigadoras, tanto presencial como telemática.

Facebook
Twitter