A sesión formará parte do XIII Congreso da Associazione Italiana di Storia Urbana, que se celebrará en Xénova do 7 ao 10 de setembro de 2027. As propostas poderán enviarse ata o 14 de outubro de 2026. A sesión estará coordinada por Daniel Mena Acevedo, investigador do CISPAC e da Universidade de Santiago de Compostela, xunto con Ana María Coll Coll, profesora da Universitat de les Illes Balears.
Unha investigación liderada polo investigador do CISPAC Hugo Bal García revela que as serras orientais galegas mantiveron durante o Paleolítico un clima frío e chuvioso, cunha paisaxe de pradarías húmidas e áreas arboradas que puido funcionar como refuxio para neandertais e Homo sapiens.
O investigador Edgard Camarós, da USC-CISPAC, iniciou unha nova liña de traballo na Universidade de Witwatersrand, en Johannesburgo, centrada no estudo paleopatolóxico de fósiles de homininos. A investigación busca comprender como a enfermidade, a saúde e os coidados influíron na evolución humana durante os últimos dous millóns de anos.
Recollemos unha selección de publicacións recentes con participación de persoal investigador do centro. Os traballos abordan cuestións como a transición enerxética no rural, os procesos de construción nacional, a gobernanza migratoria e a violencia de xénero desde perspectivas interdisciplinares.