CISPAC

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é un centro singular interuniversitario de investigación, de nova xeración, que forma parte do Sistema universitario de Galicia (SUG).

A misión do CISPAC é a investigación sobre as paisaxes desde unha perspectiva transdisciplinar, na procura de dar respostas epistémicas aos retos contemporáneos, para producir dende o coñecemento outra forma de ollar e traballar a paisaxe, o patrimonio e a produción, dende a identidade, a participación e a sustentabilidade.

O centro organízase ao redor de cinco grandes campos de investigación que atenden a preguntas e que se desenvolverán a través de proxectos, baixo a vocación da transdisciplinariedade. Un centro de investigación deseñado para crear novo coñecemento dende unha destacada aposta polo capital humano, a investigación competitiva, a transferencia social do coñecemento e a prestación de servizos.

O centro

O centro

Estrutura e organización

Estrutura e organización

Transparencia

Transparencia