Reunión do Consello Reitor do CISPAC (29/01)

01/02/2024

O pasado 29 de xaneiro tivo lugar unha reunión do Consello Reitor do CISPAC, celebrada no Salón Reitoral do Pazo de San Xerome da Universidade de Santiago de Compostela e por vía telemática para os asistentes en remoto.

Asistiron á mesma D. Antonio López Días, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, que actúa como presidente do Consello Reitor do CISPAC; D. Javier Ferreira Fernández, xerente da Universidade de Santiago de Compostela; Dona Pilar Bermejo Barrera, vicerreitora de política científica da Universidade de Santiago de Compostela; Don José Cao Abad, Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña; Don Jerónimo Puertas Agudo, vicerreitor de política científica, investigación e transferencia da Universidade de A Coruña; Dona Maria Jesús Grela Barreiro, xerente da Universidade de A Coruña; Don Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor Magnífico da Universidade de Vigo, quen asiste co voto delegado da Xerente Dona Yolanda T. Lesmes Romero; Dona María Belén Rubio Armesto, vicerreitora de investigación da Universidade de Vigo; Lourenzo Fernández Prieto, director comisario do CISPAC; Laura Oso, directora adxunta comisaria do CISPAC e Xavier Simón Fernández, secretario comisario do CISPAC.

A orde do día estivo composta por 10 puntos:

(1) A aprobación das actas da sesión ordinaria do 27 de abril de 2022 e da sesión extraordinaria do 26 de xuño de 2023.

(2) O procedemento executado para a presentación na Orde de Centros, exposto por Lourenzo Fernández Prieto que salientou os valores sinérxicos do proceso e os resultados acadados polos investigadores e investigadoras do centro. Do mesmo xeito, infórmase do proceso de constitución do Comité Científico, os seus membros, as reunións celebradas, a programación anual para o 2024 e o actual traballo adicado á constitución do Consello de Transferencia.

(3) A aprobación da memoria anual de actividades e a económica do ano 2023, destacando as actividades organizadas polo centro e a boa carteira de investigadores colaboradores, así como a creación da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital. Reflexionouse sobre as limitacións económicas e financieiras, prestando atención non só nos custes directos senón tamén nos indirectos.

(4) A aprobación da programación de actividades para 2024 elaborada polo Comité Científico. Laura Oso Casas sinalou os tres piares fundamentais do centro: Xénero e interseccionalidade, Transición e Cambio Climático, e Sustentabilidade. Entregou unha relación de accións e concluiu sinalando que a identidade específica do CISPAC pódese resumir na cultura cooperativa como matriz transversal que se asocia ao piar básico do éxito do Centro.

(5) A aprobación da elección do director científico, a partir de proposta do Comité Científico. O presidente do Consello Reitor sinala que está toda a documentación necesaria para avaliar e propor ao novo Director Científico do CISPAC, conforme ao establecido no Regulamento de Réxime Interno. Conclúe indicando que lle corresponde a este Consello Reitor tomar a decisión, tendo en conta que o informe moi favorable do Consello Asesor Científico Externo. Aprobouse por unanimidade a reelección de Lourenzo Fernández Prieto, que agradeceu o nomeamento e sinalou como obxectivo a búsqueda dunha alternativa para a dirección no medio-longo prazo do CISPAC.

(6) A aprobación da proposta de directora científica adxunta e do director adxunto de transferencia, a partir da proposta do director científico e da avaliación do Comité Científico.

(7) A aprobación da chamada de interse para o segundo proceso de vinculación de investigadores/as ao CISPAC, sendo o SAB quen decida o acceso ou non das candidaturas.

(8) Dar conta do procedemento para formalizar a composición do Consello de Transferencia. Xavier Simón expuxo a dinámica de escolla dos membros do Consello de Transferencia e enumerou os principais criterios acordados polo Comité Científico. Comentou o procedemento participativo entre todos os membros do comité científico para a proposición de membros para o Consello de Transferencia. Ademais, sinalou que cando se teña unha decisión tomada sobre cales poderían ser os membros do Consello de Transferencia, e realizarase unha rolda de chamadas e reunións con eles para explicarlles que se espera deles como parte da estrutura consultiva do CISPAC.

(9) Aprobación das normas básicas de funcionamento do Consello de Transferencia. Xavier Simón procedeu á lectura das normas propostas para o Consello de Transferencia do CISPAC, consensuando a modificación da redacción da norma 8.

(10) Rogos e preguntas. Comentáronse algunhas peticións e solicitudes entre os diferentes asistentes en canto á solicitude da documentación comentada.

Facebook
Twitter