NOVA DATA: Seminario do Grupo HISTAGRA: Conferencia de Tamara López Fernández

04/01/2024

O próximo xoves 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA, en colaboración co CISPAC, organiza a conferencia da investigadora Tamara López Fernandez. A súa liña de investigación trata a delincuencia no primeiro franquismo, e nesta ocasión presentará a conferencia que leva por título: “Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en Lugo no franquismo (1945-1966)”.

O evento celebrarase no Seminario 103 do Edificio Fontán ás 12h, e tamén haberá unha ligazón para seguir a conferencia vía telemática:

https://teams.microsoft.com/l/team/19%3a56690ec7d7fc46979b4554097b17fd41%40thread.tacv2/conversations?groupId=88e447bc-d5f8-46c3-bfb1-bf6fa105deee&tenantId=8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b

Facebook
Twitter