Varios investigadores e investigadoras do CISPAC descobren paralelismos existentes en representacións entre Cova Eirós e o val do Côa

08/01/2024

Tania Mosquera Castro, investigadora do CISPAC e no Grupo de Investigación GEPN-ATT da Universidade de Santiago de Compostela, vén de coordinar un estudo comparado das evidencias gráficas do val de Côa e a arte parietal de Cova Eirós na revista ‘Munibe Antropologia-Arkeologia’. Este artigo foi publicado en colaboración con Ramón Fábregas Valcarce (GEPN-AAT e CISPAC), André Santos (Universidade de Coímbra e UNIARQ), Xosé Pedro Rodríguez Álvarez (IPHES-CERCA e URV) e Arturo de Lombera Hermida (Universidad de Oviedo e CISPAC).

Por outra banda, un segundo traballo coordinado por Sofía Figueiredo e en colaboración con Ramón Fábregas Valcarce, Arturo de Lombera Hermida e Xosé Pedro Rodríguez Álvarez abordou os achados da arte paleolítica no Noroeste peninsular. Este leva por título ‘The Palaeolithic Rock Art of Northern Portugal and Galicia’ e está integrado no volume ‘The Prehistoric Rock Art of Portugal. Symbolising Animals and Things’.

Estas publicacións permiten integrar ao Noroeste peninsular no fenómeno gráfico paleolítico peninsular, amosando a existencia de paralelismos estilísticos a través de diversas figuras zoomorfas e antropomorfas. Ademais, aportan novos datos en canto as características deste episodio e as relacións entre estes territorios no Paleolítico superior final.

Podes consultar o artigo ‘El fin del estilo paleolítico: un caso de estudio en el Noroeste peninsular’, así como ‘The Palaeolithic Rock Art of Northern Portugal and Galicia’ en liña.

A fotografía de portada foi extraído da fig. 2. do artigo ‘El fin del estilo paleolítico: un caso de estudio en el Noroeste peninsular’.

Facebook
Twitter