Investigación

O Convenio Europeo da Paisaxe ten sinalado a relevancia da paisaxe nos campos culturais, ecolóxico, ambiental e social de cara a “alcanzar un desenvolvemento sostible baseado nunha relación equilibrada e harmoniosa entre as necesidades sociais, a economía e o ambiente” e no seu Artigo 6 (medidas específicas) sinala a necesidade de impulsar tamén “programas pluridisciplinares de formación”.

Neste sentido, as ciencias humanas e sociais son campos privilexiados de estudo da paisaxe que teñen abordado as relacións do ser humano co territorio, dende un punto de vista sincrónico e diacrónico en toda a súa complexidade.

A paisaxe, polo menos en Europa, é o resultado da acción humana, susceptible de abordarse dende diferentes puntos de vista disciplinares. A historia, os estudos culturais, a economía, a socioloxía ou a xeografía teñen identificado as paisaxes, analizado as súas características e as forzas e presións que os transforman. A paisaxe vincúlase coa transición ambiental, o manexo do territorio e o establecemento de relacións xustas entre as persoas e as paisaxes que se habitan.

Axenda científica

Axenda científica

Proxectos de investigación

Proxectos de investigación

Publicacións

Publicacións