O espazo obxectivo do CISPAC vai máis alá da rexión atlántica europea e todos os territorios contidos nela. Fondas relacións trasfronteirizas internas que dilúen os límites administrativos nacionais. Ademais, a rexión atlántica non se pode comprender sen o significativo rosario de relacións sociais, económicas e políticas tecidas con culturas e territorios diferentes e diversos. E por fin, nin esta rexión atlántica nin ningunha outra poden ser comprendidas, nin delas poden xurdir conveniencias sociais, sen incorporar aos que aínda non están, pero virán, nas xeracións futuras.
Por todo isto, a actual encrucillada humanitaria e planetaria demanda co definición de políticas públicas e de estratexias sociais e económicas de dimensión local pero alcance global. Actores políticos, cidadáns e as súas comunidades, organizacións públicas e privadas, compartindo información, xestionando incertezas e asumindo riscos nas urxentes decisións, conforman o modus operandi ao que o CISPAC, xunto con outros centros de investigación, quere contribuír. É o que sabemos facer, e o que se agarda de nós.
Investigación
Transferencia