Botánica en Compostela

27/12/2023

O vindeiro 28 de decembro ás 17h no Lar do CISPAC celebrarase ‘Botánica en Compostela’. Este encontro científico busca intercambiar enfoques e perspectivas sobre a cultura botánica e a comprensión global da paisaxe.

O obxectivo desta actividade é o intercambio de ideas, información e boas prácticas, así como a creación de redes de colaboración entre membros da comunidade investigadora co obxectivo de fortalecer a relación entre os seres humanos e o medio natural. Búscase promover a cultura botánica, o coñecemento científico asociado ás plantas, a comprensión global da paisaxe e os lazos que nos unen á natureza.

A actividade é organizada pola Asociación Flor de Santiago e a Unidade de investigación pARQc da Universidade da Coruña, financiada pola Deputación da Coruña e en colaboración co CISPAC.

Facebook
Twitter