SITOPÍAS 3 (11/12)

27/12/2023

O pasado 11 de decembro no CISPAC tivo lugar no Edificio Fontán a terceira sesión do proxecto SITOPÍAS.

Neste ciclo de debates participaron Ruth Varela (Paisaje Arquitectura y Ciudad, ETSAC-UDC/ Asociación cultural Flor de Santiago); Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-USC/CISPAC); Iago Lestegás Tizón (Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica do Concello de Santiago de Compostela; Enrique Seoane Prado (Profesor da ETSAC e Xefe do Servizo de Planeamento do Concello de Santiago de Compostela); Ángeles Santos Vázquez (profesora ETSAC/SICOR-ETSAC/UDC); Leonor Lorenzo Abalo e Rocio Garcia Carregal de Slow Food Compostela; Juan Soriano de Entrelampo; Manuel Rodriguez Lopez da Fundación RIA; Eduardo Corbelle Rico (TeBIO-USC/CISPAC); Stefania Barca (USC/CISPAC); Bibiana Martínez Alvarez (CISPAC) e Almudena Vega (Cousas Do Campo Froitas e Verduras); ademais de contar coa asistencia do alumnado e profesorado do obradoiro do 9º cuatrimestre do Grao de Paisaxe da UDC.

A continuación deixamos unha escolma fotográfica do evento coordinado pola Asociación Cultural Flor de Santiago e por profesorado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da ESTAC:

Facebook
Twitter