Actualidade

Actividade

26/02/2024

O próximo 20 de marzo contaremos cunha nova edición do Ciclo de teses en discusión do CISPAC. O encontro contará coa participación de dous investigadores, que expoñerán o seu proxecto e formularán unha serie de liñas de debate co público participante.

Tania Mosquera Castro (GEPN-ATT-USC) abrirá a sesión presentando a súa investigación, que leva por título "A arte das sociedades cazadoras-recolectoras no cuadrante NW da Península Ibérica". Na seguinte intervención, David Fontán Bestilleiro (HISTAGRA-USC) presentando o proxecto "Traballando a natureza. Sustentabilidade histórica e memoria biocultural dos agroecosistemas da Galicia Atlántica (s. XVIII - XXI)".

O evento terá lugar no Lar do CISPAC, dando comezo a primeira intervención ás 11h e a segunda ás 12h.

Actividade

23/02/2024

Os investigadores Leticia Tobalina-Pulido (Incipit) e Jose Carlos Sánchez Pardo (USC-CISPAC), xunto con Celtia Rodríguez González (USC-CISPAC) organizan un Workshop que leva por título "Studying Late Antiquity and the Early Middle Ages from comparative, cross-cultural and interdisciplinary perspective".

Este coloquio terá dúas sedes: o Edificio Fontán da Cidade da Cultura (4 de marzo, 16-19.30h); e a Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia (5 de marzo, 10-13.30h).

Evento

22/02/2024

O xoves 29 de febreiro ás 18.30h estrearase a exposición "ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós" no Vello Cárcere de Lugo.

A exposición estará aberta ao público entre o 29 de febreiro e o 17 de maio, en horario de 11-14h e de 16 a 20h.

Nova

20/02/2024

Publicada a resolución definitiva da convocatoria de Bioeconomía Forestal da Fundación Biodiversidad, que seleccionou o proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza en réxime de concorrencia competitiva.

Dos 144 proxectos presentados, 56 recibirán a subvención. O Laboratorio quedou de 16º na listaxe de admitidos, cun total de 75 puntos e garantindo a concesión de 1.899.863,38€.

Actividade

20/02/2024

O pasado luns 19 de febreiro tivo lugar no CISPAC un novo encontro dos Seminar Day. Nesta ocasión, a actividade estivo centrada no pensamento poscolonial e nos movementos sociais.

Dispoñible nesta nova unha escolma fotográfica das intevencións dos diferentes poñentes.

 

Nova

19/02/2024

Lucía Freitas, chef Estrella Michelin de A Tafona, logrou o recoñecemento Sol Sostenible que ofrece a Guía Repsol polo seu proxecto 'Amas da Terra'.

A Guía Repsol incluíu a colaboración que mantén este proxecto co noso centro, sinalando que «junto con el CISPAC, centro universitario de investigación gallego, busca nuevos aprovechamientos y analiza la huella de carbono y el impacto ambiental de su carta».

 

Actividade

12/02/2024

O CISPAC organiza unha nova edición dos Seminar Day o vindeiro 19 de febreiro. Nesta ocasión, as temáticas do encontro xirarán en torno ao pensamento poscolonial e os movementos sociais.

Contarase coa participación de Burghard Baltrusch (BiFeGa-UVigo), Carlos Benítez Trinidad (BRASILHIL-USAL), Carlos Diz (ESOMI-UDC) e Andrea Souto García (ESOMI-UDC), que pecharán cun turno de debate e intervencións.

Nova

01/02/2024

O pasado 29 de xaneiro celebrouse a reunión do Consello Reitor do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais. Un dos puntos aprobados foi a convocatoria para a adscrición de persoal investigador do centro. Con esta chamada aberta quere vincularse a un número suficiente de investigadores e investigadoras capaces de deseñar e liderar liñas de investigación e transferencia relacionadas coas Paisaxes Atlánticas Culturais para cumprir coas aspiracións estratéxicas de facer do CISPAC un centro de referencia acreditado ao máximo nivel.

A data límite para a presentación de solicitudes é o 1 de marzo de 2024 ás 14 horas (CET).

 

 

Nova

01/02/2024

O pasado 29 de xaneiro tivo lugar unha reunión do Conselllo Reitor do CISPAC, celebrada no Salón Reitoral do Pazo de San Xerome da Universidade de Santiago de Compostela e por vía telemática.

A orde do día estivo composta por 10 puntos que podes ler nesta nova.

Actividade

26/01/2024

O pasado xoves 25 de xaneiro celebrouse a VII sesión do Ciclo de teses en discusión no Lar do CISPAC.

As intevencións foron realizadas por Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) e Hygor M. Faria (UFJF-USC), os cales presentaron os seus proxectos sobre o significado da tatuaxe nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática; e na cuestión indíxena na dictadura militar brasileira.

Nova

15/01/2024

O pasado 11 de xaneiro o Grupo de Investigación HISTAGRA celebrou un seminario no ciclo de conferencias no noso centro.

A investigadora Tamara López Fernández presentou a disertación que levou por título "Transitar pola pobreza. A evolución da delincuencia contra a propiedade en Lugo no franquismo (1945-1966)". Nesta tratou temas como as limitacións ao acceso de determinadas fontes documentais de época, a evolución de roubos e furtos e outros aspectos relacionados coa temática da súa investigación.

O evento contou coa moderación de Daniel Lanero Táboas e coa asistencia de diferentes investigadores e investigadoras, tanto presencial como telemática.

Actividade

11/01/2024

O vindeiro 25 de xaneiro celebrarase a VII edición do ciclo de teses en discusión do CISPAC. Nesta ocasión, a actividade contará coa participación de dous investigadores.

Na primeira intervención, Mar Pereira Gómez (ECOPAST-USC e CISPAC) presentará o seu proxecto "Unha aproximación á tatuaxe, o seu significado social e simbólico nas sociedades da Idade do Ferro na estepa Euroasiática", traballo no que se centra nas modificacións corporais nas sociedades nómades escitas da Idade de Ferro.

A segunda sesión será protagonizada por Hygor M. Faria (UFJF-USC) e polo seu proxecto que leva por título "Entre nosotros y ellos: la cuestión indígena en la dictadura militar y en la justicia transicional, Brasil en una perspectiva latinoamericana". Esta investigación ten como obxectivo afondar nas accións que afectaron ás cuestións indíxenas na xusticia transicional, especialmente nas Comissões da verdade.

A primeira intervención dará comezo ás 11h e a segunda ás 12h, ambas no Lar do CISPAC.