O Laboratorio Ecosocial do Barbanza obtén a Axuda para o Fomento da Bioeconomía Forestal da Fundación Biodiversidad

20/02/2024

Publicada a resolución definitiva da convocatoria de Bioeconomía Forestal da Fundación Biodiversidad, que seleccionou o proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza en réxime de concorrencia competitiva.

Dos 144 proxectos presentados, 56 recibirán a subvención. O Laboratorio quedou de 16º na listaxe de admitidos, cun total de 75 puntos e garantindo a concesión de 1.899.863,38€.

O proxecto leva por título: “Laboratorio Ecosocial do Barbanza: un laboratorio vivo para la gestión multifuncional y custodia colectiva del territorio”, e conta coa colaboración da Fundación Rede de Innovación Arousa (RÍA), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidad Pablo de Olavide, a Plataforma pola Defensa do Monte, a Fundación Montescola e o Concello de Rianxo.

Varios investigadores do CISPAC forman parte do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, asumindo a dirección científica do proxecto e sendo membros do seu Consello Asesor.

Podes ver a convocatoria, a resolución e as bases na seguinte ligazón.

Facebook
Twitter