Seminar Day: Pensamento poscolonial e movementos sociais

12/02/2024

O CISPAC organiza unha nova edición dos Seminar Day o vindeiro 19 de febreiro. Nesta ocasión, as temáticas do encontro xirarán en torno ao pensamento poscolonial e os movementos sociais.

Contarase coa participación de Burghard Baltrusch (BiFeGa-UVigo), coa ponencia “Pensamento decolonial e práctica artística e artivista na actualidade”. Segue o investigador Carlos Benítez Trinidad (BRASILHIL-USAL), coa intervención “La construcción del imaginario del Movimiento Indígena Brasileño (1974-1977)”. Carlos Diz (ESOMI-UDC) falará no seu turno das “Paisaxes activas de mobilización: temporalidades múltiples e futuros incertos”. Pechará o turno de exposicións Andrea Souto García (ESOMI-UDC) coa ponencia que leva por título “Cruzando as fronteiras políticas/etnosexuais: a migración de mulleres latinoamericanas como movemento decolonial” e un turno de debate.

Facebook
Twitter