O vindeiro xoves 29 de febreiro ás 18.30h estrearase a exposición “ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós” no Vello Cárcere de Lugo.
Esta exposición está organizada polo Grupo de Investigación EcoPast da Universidade de Santiago de Compostela, polo CISPAC e pola Asociación de Ceramoloxía Canaveira. Conta coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), ademais de contar co apoio de entidades como a Deputación de Lugo, a ONCE ou a Rede Museística Provincial de Lugo, entre outras.
A exposición estará aberta ao público entre o 29 de febreiro e o 17 de maio, en horario de 11-14h e de 16 a 20h.