Seminar Day: Pensamento poscolonial e movementos sociais (19/02)

20/02/2024

O pasado luns 19 de febreiro tivo lugar no CISPAC un novo encontro dos Seminar Day. Nesta ocasión, a actividade estivo centrada no pensamento poscolonial e nos movementos sociais.

Contouse coa participación de Burghard Baltrusch (BiFeGa-UVigo), que abriu a sesión trala presentación de Laura Oso coa intervención “Pensamento decolonial e práctica artística e artivista na actualidade”. Dende a Universidade de Salamanca e de xeito telemático, o investigador Carlos Benítez Trinidad (BRASILHIL-USAL) participou coa ponencia “La construcción del imaginario del Movimiento Indígena Brasileño (1974-1977)”.

Seguidamente Carlos Diz (ESOMI-UDC) expuso no seu turno as “Paisaxes activas de mobilización: temporalidades múltiples e futuros incertos”. Por último,Andrea Souto García (ESOMI-UDC) pechou o acto coa ponencia “Cruzando as fronteiras políticas/etnosexuais: a migración de mulleres latinoamericanas como movemento decolonial”, acompañado do turno final de intervencións e debate.

Deixamos unha escolma fotográfica do acto a continuación:

Facebook
Twitter