Workshop “A Ecoloxía Política das Paisaxes”

24/10/2022

O 28 de outubro celébrase o workshop “A Ecoloxía Política das Paisaxes”, organizado por Stefania Barca, Carlos Benítez e Rocío Hiraldo.

Este obradoiro ten como obxectivo debatir o enfoque da ecoloxía política (ferramentas conceptuais e metodoloxías) para o estudo das paisaxes, centrándose na relación entre os cambios na paisaxe e as configuracións cambiantes do poder (relacións raciais, de clase, xénero e propiedade) en diferentes contextos. Ao contemplar todos os campos de investigación do CISPAC (produción, demografía, gobernanza e turismo), constituirá a base para un frutífero intercambio de ideas para potenciar sinerxias cara os proxectos e iniciativas nacionais e internacionais.

O obradoiro constitúe unha oportunidade para presentar tanto enfoques consolidados como perspectivas emerxentes na Ecoloxía Política das paisaxes. Por iso, proponse un panel de invitados de diferentes contextos e posicións profesionais. Este obradoiro, estrutúrase en dúas sesións, contando cada unha delas con dúas presentación dos conferenciantes convidados, contando cos comentarios dos membros do CISPAC, e seguidas de un debate xeral.

O evento desenvolverase no Seminario 103 do Edificio Fontán e poderá seguirse a súa retransmisión en vivo, no seguinte enderezo:

https://t.co/BgAAbVNkSG

Programa detallado no documento embaixo.

Facebook
Twitter