Conferencia de Cecilia Díaz Méndez

17/02/2023

O xoves 23 de febreiro, o CISPAC recibe a visita de Cecilia Díaz Méndez, profesora da Universidade de Oviedo, coa súa presentación ‘Transformaciones y rupturas en el modelo alimentario español‘.

Esta actividade, que comeza ás 12:00 h, no Seminario 103 do CISPAC, encádrase no seo do Ciclo de Conferencias organizadas polo Grupo HISTAGRA, abordando, nesta ocasión, a cuestión da socioloxía do consumo e da alimentación.

Díaz-Mendez foi unha das artífices da Enquisa  Nacional de Hábitos Alimentarios (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, 2013), aplicando os seus coñecementos a estudos sociais, como os de Alimentación en Tempos de Crise realizados para Cruz Vermella Española co apoio da Fundación Alimerka (2014) ou o informe de UNICEF Asturias en 2015.

A entrada será libre e gratuita, e a intervención poderase seguir telemáticamente a través da seguinte ligazón:

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_ODZmZGQwYzQtMTgzNi00YzRiLWI5ZTktOWIyNmUyZGY2ODli%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%228f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b%22%2c%22Oid%22%3a%22defce005-c48c-45e5-8fae-5d17b95319bd%22%7d

Facebook
Twitter