Xénero e inmigración en Galicia. Conferencia de Laura Oso na Fundación Eugenio Granell

23/03/2023

O mércores 29 de marzo ás 19:00h, Laura Oso Casas, directora adxunta do CISPAC, ofrecerá unha conferencia na Fundación Eugenio Granel, dentro do ciclo de Encontros Americanos na Granell.

Estes Encontros teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Facebook
Twitter