Poonam Pandey abordará a Revolución Verde ao leste da India nun novo seminario de Histagra

18/04/2024

O vindeiro mércores 24 de abril, Histagra organiza un novo seminario nas instalacións do CISPAC (Edificio Fontán, Cidade da Cultura). Será concretamente no Seminario 103 ás 12:30h.

Nesta ocasión a relatora será Poonam Pandey, investigadora María Zambrano e Investigadora Principal no Laboratorio de Innovación Postcrecemento na UVigo. A súa ponencia leva por título “Merece a pena repetir algunhas historias? A política e a práctica de levar a Revolución Verde ao este da India”. Pandey empregará un marco teórico baseado na literatura sobre réximes alimentarios para desentrañar a cuestión da relevancia e o atractivo políticos da narrativa épica da Revolución Verde no contexto indio contemporáneo.

Desde o grupo de investigación Histagra sinalan que este proceso adoita presentarse como un momento cumio na historia da ciencia occidental moderna, que salvou a moitos países do Sur da fame e a inanición. A pesar de ter moitas críticas, apuntan, segue presente no discurso e na práctica política: o apoio internacional á Alianza para a Revolución Verde en África (AGRA) é un exemplo diso; do mesmo xeito, en 2010, o Goberno indio puxo en marcha o seu ambicioso programa “Levar a Segunda Revolución Verde á India Oriental (BGREI)”, centrado na modernización agrícola dos estados orientais.

A ponencia tamén se poderá seguir por Teams clicando aquí.

Facebook
Twitter