O CISPAC acolle o I Simposio Internacional ‘KosmoTech_1200’ sobre polifonía medieval

06/03/2024

O vindeiro martes 12 de marzo desenvolverase no CISPAC o I Simposio Internacional KosmoTech_1200, titulado ‘Psallat chorus: Novas investigacións interdisciplinares sobre a polifonía medieval’.

O programa comezará ás 16h. Un cuarto de hora despois será a quenda do membro do CISPAC Francisco Prado-Vilar, que presentará a ponencia ‘KosmoTech_1200: Unha nova visión do coro do mestre Mateo na intersección entre a investigación histórica e a tenoloxía de vangarda’. A continuación, e ao longo da tarde, intervirán o resto de persoas convidadas: Carmen Julia Gutiérrez González (Universidad Complutense de Madrid), David Catalunya (Universidad Complutense de Madrid), Giovanni Varelli (Università di Pavia) e Santiago Ruiz Torres (Universidad de Salamanca). Para concluír haberá unha mesa redonda de media hora entre as 20 e as 20:30h. Pode consultarse o programa completo na imaxe.

O lugar escollido para acoller o evento é o seminario 103 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela).

Facebook
Twitter