III Día de Parolada do CISPAC

13/12/2022

Baixo o título “Arquitecturas e conxuntos desaparecidos en Galicia (1936 – 2001). Metodoloxías para o estudo e valoración patrimonial”, os investigadores Jesús A. Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Daniel L. Teijeiro Mosquera presentan este venres, no CISPAC, algunhas das investigacións que se están a desenvolver no Grupo de Investigación en Historia da arte, da arquitectura e do urbanismo.  

As presentacións contarán cos comentarios de Luz Paz Agras, profesora do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña. 

A actividade terá lugar no Seminario 103 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura), dende as 10:00 h. 

A asistencia é libre e gratuíta, previa confirmación de asistencia no enderezo: 

cispac.xestion@usc.es

Programa completo no documento embaixo

Facebook
Twitter