Seminario: Astrid Artner-Nehls (04/04)

08/04/2024

O CISPAC organizou un novo seminario o pasado 4 de abril. Este foi impartido por Astrid Artner-Nehls, investigadora do grupo de investigación BioKum, da Leibniz Centre for Agricultural Landcape Research (ZALF). A súa exposición levou por título “Representations of livestock slurry in German newspapers 1971–2020:a text mining approach”, e nela elaborou unha presentación e síntese de feitos relacionados con este fenónemo.

O acto foi presentado por Bruno Esperante Páramos, Profesor Axudante Doutor do Departamento de Economía Aplicada (Universidade de Santiago de Compostela). Ao seminario asistiron outros investigadores e investigadoras do centro, que intercambiaron enfoques e propostas sobre esta temática.

A continuación deixamos unha escolma fotográfica do evento:

Facebook
Twitter