Elvira Santiago Gómez

ORCID:0000-0003-4635-144X

Elvira Santiago Gómez é Profesora Axudante Doutora no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, onde participa como investigadora no Grupo LAPSO de Análise e Prospectiva Sociopolítica (E000485). É membro da Federación Española de Socioloxia, da European Sociological Association e secretaria da Asociación STS España.

Algunhas das súas liñas de investigación recentes inclúen o estudo do manexo de riscos vinculados a fenómenos naturais e o deseño de políticas de seguridade no seo da Unión Europea, así como dos riscos asociados ás verteduras marítimas, os incendios forestais e outros desastres naturais, e a conservación de especies protexidas.

Actualmente participa como investigadora principal no proxecto “Mitigar el riesgo en sociedades resilientes. La incorporación del conocimiento basado en la experiencia en la prevención, gestión y recuperación de desastres ambientales” (PID2019- 107443RAI00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Entre a súas contribucións bibliográficas máis destacadas inclúense:

  • Martinez-Buján, R., Santiago-Gómez, E., Diz, C., Cortes-Vazquez, J. A., & Golías, M. (2020). Campus greening from social sciences: emerging formulas on social responsibility and teaching innovation. International Journal of Sustainability in Higher Education;
  • Ball, K., Degli Esposti, S., Dibb, S., Pavone, V., & Santiago-Gomez, E. (2019). Institutional trustworthiness and national security governance: evidence from six European countries. Governance, 32(1), 103-121;
  • Santiago-Gómez, E. S., & Pavone, V. (2018) Avivar el debate y apagar el fuego: La aceptabilidad social de los drones en la gestión y prevención de incendios forestales. Revista da Associacio Portuguesa de Sociologia (ERIH-PLUS):
  • Degli Esposti, S., Pavone, V., & Santiago-Gómez, E. (2017). Aligning security and privacy: The case of Deep Packet Inspection. In Surveillance, Privacy and Security (pp. 71-90). Routledge; ou
  • Santiago-Gómez, E. (2016). Seguridad marítima y protección ambiental: una aproximación cultural a la controversia de los puertos de refugio. Encrucijadas: Revista Crítica de Ciencias Sociales, (11), 14.

PROXECTOS