David Soto Fernández

ORCID:0000-0002-5450-5974

David Soto Fernández é Profesor Contratado Doutor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e forma parte do Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio (GESPIC, GI-1170).

As súas liñas de investigación encádranse nos campos da historia rural e forestal, historia medioambiental, agroecoloxía e historia social, centrándose en particular na análise das transformación produtivas dende a agricultura orgánica cara a agricultura industrial mediante o desenvolvemento de metodoloxías de adaptación da perspectiva do metabolismo social aos campos da historia e a agricultura. Tamén ten realizado estudos no campo dos conflitos medioambientais no seo das comunidades de campesiñas.

Actualmente participa como investigador principal no proxecto de investigación “ Historia Agroecológica para el diseño de paisajes sustentables. Casos de estudiodel mundo mediterráneo, BIOLANSDCAPEs, (Agroecological History for Designing Sustainable Landscapes. Case studies from the Mediterranean World)”. Poyectos de I+D+I «Retos Investigación» (RTI2018-093970-B-C31).

Entre as súas publicacións máis salientables inclúense:

  • González de Molina, M., Soto Fernández, D. Guzmán, G.I., Infante-Amate, J., Aguilera, E., Vila, J. y García-Ruiz, R. (2020). The Social Metabolism of Spanish Agriculture, 1900–2008. Berlín: Springer.
  • Soto Fernández, D. y Lana Berasain, J.M. (Eds.) (2018). Del Pasado al futuro como problema. La historia agraria contemporánea española en el siglo XXI- En el XXX aniversario de la SEHA. Zaragoza: Sociedad Española de Historia Agraria / Prensas Universitarias de Zaragoza..
  • Guzmán, G.I., González de Molina, M., Soto Fernández, D., Infante-Amate, J. y Aguilera, E. (2018). Spanish agriculture from 1900 to 2008: a long-term perspective on agroecosystem energy from an agroecological approach. Regional Environmental Change, 18-4, 995-1008.
  • Soto Fernández, D., Infante-Amate, J., Guzmán, G.I., Cid, A., Aguilera, E., GarcíaRuiz, R. y González de Molina, M. (2016). The Social Metabolism of Biomass in Spain, 1900-2008: from food to feed-oriented changes in the Agro-ecosystems. Ecological Economics, 128, 130-138.Ecological Economics, 128, pp. 130-138.
  • Infante Amate, J. Soto Fernández, D. Aguilera, E., García-Ruiz, R. Guzmán, G.I., Cid, A. y González de Molina, M. (2015). The Spanish Transition to Industrial Metabolism. Long-Term Material Flow Analysis (1860–2010). Journal of Industrial Ecology, 19 (5), 866-876.