Elias J. Torres Feijó é catedrático, desenvolvendo o seu traballo no Departamento de Filoloxía Galega. É o responsable do Grupo de Estudos dos Sistemas Culturais Galego, Luso, Brasileiro e Africanos de Lingua Portuguesa (GALABRA, GI-1811).
As súas investigacións recentes diríxense cara a análise e elaboración de marcos analíticos para a comprensión das relacións existentes entre as narrativas, as comunidades e os territorios, identificando aquelas que condicionan os comportamentos individuais e colectivos nas prácticas socioculturais, aquelas que determinan os elementos da cohesión social e as súas influencias sobre o benestar das comunidades.
Actualmente participa como investigador principal nos proxectos “GALABRA. Consolidación e estruturación de unidades competitivas de investigación. Grupos con potencial crecemento”, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e “Narrativas, usos e consumos de visitantes como aliados ou ameazas para o benestar da comunidade” (2018-2022,) financiado pola Agencia Estatal de Investigación
Entre as súas publicacións máis destacadas inclúense:
Research
Transfer