Elias José Torres Feijó

ORCID:0000-0003-2890-7707

Elias J. Torres Feijó é catedrático, desenvolvendo o seu traballo no Departamento de Filoloxía Galega. É o responsable do Grupo de Estudos dos Sistemas Culturais Galego, Luso, Brasileiro e Africanos de Lingua Portuguesa (GALABRA, GI-1811).

As súas investigacións recentes diríxense cara a análise e elaboración de marcos analíticos para a comprensión das relacións existentes entre as narrativas, as comunidades e os territorios, identificando aquelas que condicionan os comportamentos individuais e colectivos nas prácticas socioculturais, aquelas que determinan os elementos da cohesión social e as súas influencias sobre o benestar das comunidades.

Actualmente participa como investigador principal nos proxectos “GALABRA. Consolidación e estruturación de unidades competitivas de investigación. Grupos con potencial crecemento”, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e “Narrativas, usos e consumos de visitantes como aliados ou ameazas para o benestar da comunidade” (2018-2022,) financiado pola Agencia Estatal de Investigación

Entre as súas publicacións máis destacadas inclúense:

  • Itamar Even Zohar; E. Torres Feijó; Antonio Monegal. (2/3). 2019. The End of Literature; or, What Purposes Does It Continue to Serve? Poetics Today. 40-I, pp. 7-31.
  • E. Torres Feijó; J. Gómez. 2013. Os Seis poemas Gallegos de Federico García Lorca e os cânones das literatures espanhola, galega e portuguesa Romance Notes. 53-2, pp. 221-236.
  • 2012. Interesses culturais e âmbitos receptivos em dous romances sobre o Caminho de Santiago: Frechas de Ouro e O Enigma de Compostela Romance Notes. 52-2.
  • 2012. Problems in National Allegory. The Galician (and Brazilian) Question in Contemporary Portuguese Literary Historiography. Portuguese Studies. 28-1, pp. 5-31.
  • 2011 About Literary Systems and National Literatures CLCWeb: Comparative Literature and Culture. 13-5.
  • 2019. Bem- estar comunitário e visitantes a través do caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade. 2019. Santiago de Compostela, Andavira (Premio de Investigación da Cátedra das Peregrinacións 2020)

 

PROXECTOS