María Pilar Prieto Martínez

ORCID:0000-0002-5152-6307

Pilar Prieto Martínez é profesora titular na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Grupo EcoPast da mencionada universidade (GI-1553).

As súas principais liñas de investigación inclúen a arqueoloxía da paisaxe, as paisaxes atlánticas, a prehistoria recente, os contextos arqueolóxicos, a complexidade social, a cerámica, o Neolítico, a Idade de Bronce, o Campaniforme, o gres alemán, a cadea operativa, a arqueoloxía medieval, a arqueoloxía histórica e a arqueometría.

Na actualidade coopera cos proxectos “Plan Nacional Arqueología de los Paisajes Monásticos en la Galicia Altomedieval (siglos VIII-XII)” (PID2020-119365GA-100), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e “Contaminación metálica ambiental en poblaciones de Hispania entre los siglos I al V a través de los restos óseos” – Retos JIN 2019 (2019-PN146) da Axencia Estatal de Investigación.

Entre a súa numerosa produción científica destaca:

  • Prieto Martinez M.P. 2020. Places to Be, or Places to Live? Transformations in Prehistoric Dwellings in the North-Western Iberian Peninsula, en K. I. Austvoll, M. H. Eriksen, P. D. Fredriksen, L. Melheim, L. Prosch-Danielsen & L. Skogstrand (ed.), Contrasts of the Nordic Bronze Age. Essays in Honour of Christopher Prescot, Turnhout, Brepols Publishers, p. 83-97.
  • Prieto Martinez, M. P.; Lantes Suarez, O.; Alonso Toucido, F., Flores Rivas, L.H., Fernandez, M. (Lolo) 2019. Cuatro ‘Botijuelas’ recuperadas en el Noroeste de Iberia. Procesos de manufactura y reutilizacion. Estudos do Quaternario (APEQ, Braga) 20: 35-51.
  • Prieto Martínez, P. et alii. 2018. The Beaker phenomenon and the genomic transformation of northwest Europe. Nature, 555: 190-196.
  • Salanova, L., Prieto-Martinez, M. P.; Clop Garcia, X., Convertini, F.; Lantes-Suarez, O.; Martinez-Cortizas, A. 2016. What are large-scale archaeometric programmes for? Bell beaker pottery and societies from the third millennium bc in Western Europe. Archeometry, 58 (5): 722- 735.

PROXECTOS

No data was found