Eduardo Corbelle Rico é profesor contratado doutor no departamento de Enxeñaría agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén forma parte do grupo de investigación, Territorio, Biodiversidad (TE-BIO). É membro da sección de Ciencia, natureza e sociedade do Consello da Cultura Galega e representante da USC no Steering Committee of the EU - Support Facility for Agricultural Innovation.
As súas liñas de investigación principais xiran ao redor do estudo dos sistemas de terras e os seus usos, no contexto da transición socioecolóxica, interesándose, tamén, polos cambios experimentados nas masas forestais do noroeste de España.
Actualmente participa como investigador principal no proxecto “A new cross-disciplinary framework for studying the landscape over the long term” (CROSSLAND, KA201-2019-007), no marco do programa Erasmus +. Tamén participa como investigador noutras actividades competetivas, como son: “CO-producing Nature-based solutions and restored Ecosystems: transdisciplinary neXus for Urban Sustainability (CONEXUS); ou “Sustainable Hub to Engage into Rural Policies with Actors” (SHERPA).
Entre as súas publicación máis destacadas inclúense:
Research
Transfer