Parques eólicos e rede natura: unha análise desde o marco da xustiza enerxética para o caso da serra do xistral

Ano: 2022

Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales. 26.

Authors: Damián Copena Rodríguez, Xavier Simón Fernández.

Galicia é un territorio cun forte desenvolvemento da enerxía eólica. A instalación de parques eólicos tivo lugar rapidamente afectando a espazos con relevancia ambiental. Este feito é especialmente importante no caso da Serra do Xistral, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000 e que conta con hábitats prioritarios, especialmente os vinculados coas turbeiras. O presente traballo analiza, a partir do marco da xustiza enerxética, como foi o proceso de desenvolvemento eólico neste espazo natural facendo fincapé en dúas compoñentes do marco analítico: a xustiza procedimental e a xustiza distributiva. Deste xeito, o traballo identifica e caracteriza os parques eólicos que se atopan dentro do espazo protexido, estuda os procedementos e a participación pública nas avaliacións ambientais dos parques eólicos proxectados dentro da Serra do Xistral e discute sobre as implicacións ambientais das políticas públicas no desenvolvemento de parques eólicos na Rede Natura.

Autor/a:
Xavier Simón Fernández

Tipo de publicación:
Artigos de impacto