El altar mayor de la catedral de Santiago en tiempos del arzobispo Herrero Esgueva (1723-1727): el grabado del pintor Miguel Varela adquirido por un peregrino

Ano: 2021

Cuadernos de Estudios Gallegos, 2021, no. 134, 267-306.

 

O peregrino francés Étienne Boret fixo dúas peregrinacións a Compostela a primeira en 1749 e a segunda 1761. Proba da primeira é a súa compostela, dous impresos soltos coas listas das reliquias da catedral, así como un gravado inédito e espléndido da capela maior debuxada por Miguel Varela. Neste último represéntase a escenografía barroca do recinto en tempos do arcebispo Miguel Herrero Esgueva, e inclue elementos como a mesa do altar; o camarín coa imaxe medieval de Santiago en cathedra obxecto da aperta dos peregrinos; o Santiago Peregrino e os catro reis españois rendéndolle homenaxe; así como o baldaquino co Santiago Matamoruos atacando a catro sarracenos. Trátase do aparello para a presentación das tres esculturas xacobeas construído entre os anos 1650 e 1670, sendo cóengo fabriqueiro José de Vega y Verdugo. Non obstante, o gravado tamén documenta cambios posteriores interesantes, en particular a prata engadida á mesa do altar, ao camarín e á estatua sedente do Apóstolo, financiada polo arcebispo fray Antonio de Monroy (1685-1715) para enriquecer o escenario, seguindo os postulados da Contrarreforma.

Autor/a:
Miguel Taín Guzmán

Tipo de publicación:
Artigos de impacto