XXII Sesión do ciclo de teses en discusión: Néstor Erick Caal Suc

06/05/2026

O CISPAC acollerá o martes 12 de maio ás 11 horas no Lar do CISPAC a XXII sesión do ciclo de teses en discusión, un espazo de intercambio académico orientado á presentación e debate de investigacións doutorais nun formato aberto e participativo.

Nesta ocasión, a sesión contará coa intervención de Néstor Erick Caal Suc, profesor de Sistemas de Información Xeográfica no Centro Universitario del Norte, Universidad San Carlos de Guatemala e estudante de doutoramento no Departamento de Ingeniería Gráfica y Geomática da Universidad de Córdoba.

Baixo o título “Teledetección e inteligencia artificial en la nube para el análisis espaciotemporal ambiental: aplicaciones en Centroamérica”, a presentación abordará o potencial das técnicas de teledetección e da intelixencia artificial aplicada ao estudo de fenómenos ambientais extremos. A investigación de Caal Suc céntrase especialmente na modelización das áreas inundadas polos furacáns ETA e IOTA en Centroamérica mediante o uso de datos do programa europeo Copernicus e ferramentas de machine learning, tomando como caso de estudo a rexión de Alta Verapaz, en Guatemala.

Facebook
Twitter