XVII sesión | Teses en discusión: Luca Grisolini e Hager Fathi

14/05/2025

O vindeiro martes 27 de maio celebrarase no CISPAC unha nova sesión do ciclo “Teses en discusión”, un espazo de presentación e debate arredor de investigacións doutorais en curso.

A sesión comezará ás 11:00 h coa intervención de Luca Grisolini, investigador da Università degli Studi di Firenze. Grisolini é sociólogo e doutorando en Pedagoxía Experimental e Educación de Adultos. A súa investigación céntrase na gobernanza colaborativa en zonas interiores e marxinais, cun enfoque nos procesos participativos impulsados polas administracións públicas e nas competencias dos actores implicados. Presentará o seu traballo titulado “Gobernanza colaborativa en las áreas internas: análisis de los procesos y de las competencias para una elaboración de políticas territoriales más eficaz e inclusiva. El caso del Casentino”.

Ás 12:00 h será a quenda de Hager Fathi, profesora adxunta no Departamento de Arqueoloxía e Escavacións da Universidade Ain Shams (O Cairo, Exipto) e doutoranda na Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en bioarqueoloxía, ten participado en diversas escavacións en Exipto e centrou o seu traballo na dieta e nas enfermidades dentais das sociedades antigas. Presentará a comunicación “Osteoarchaeological insights into climate change and its effects on the population of the Predynastic Maadi Civilization”, na que analiza os efectos do cambio climático sobre a poboación da civilización predinástica de Maadi a partir do estudo de restos óseos.

A actividade será de acceso libre e terá lugar no Lar do CISPAC.

Facebook
Twitter