O CISPAC organiza unha nova sesión do ciclo Teses en discusión, que terá lugar o vindeiro 20 de marzo. Nesta xornada presentaranse e debateranse traballos de investigación en curso desenvolvidos por investigadoras e investigadores do centro.
A primeira intervención correrá a cargo de Aniela Stanchnik, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, que exporá a súa investigación sobre “Territorios esponja: de ecosistemas desconocidos a aliados clave para lana conservación y regulación de él agua”. Esta investigación trata sobre o comportamento hidrolóxico das turbeiras da Serra do Xistral, definindo unha proposta estratéxica de xestión sostible para a súa conservación ante os riscos xurdidos da actividade humana da zona, manifestada a través da forestación, a gandería e a contrución de infraestruturas para parques eólicos.
A seguinte intervención será a de Mario Ramos, tamén investigador da Universidade de Santiago de Compostela, coa presentación “Arqueoloxía do poder na península do Barbanza na Alta Idade Media”. Neste caso, Mario comentará o exercizo do poder e as súas dimensións nesta localización a través dunha metodoloxía variada cos rexistros arqueolóxicos como eixo central da investigación.
O acto terá lugar no Lar do CISPAC ás 11 horas. Convidamos ao persoal investigador a asistir ao encontro.