Xornada participativa no Araño para deseñar o futuro do monte veciñal

10/06/2025

O vindeiro sábado 14 de xuño terá lugar no Centro Social do Araño (Rianxo) unha xornada de prospectiva comunitaria aberta á veciñanza e a todas as persoas interesadas. O obxectivo do encontro é construír de maneira participativa un Plan de Acción Comunitaria que permita planificar colectivamente o futuro do monte veciñal do Araño.

A actividade, organizada por Montescola en colaboración coa CMVMC do Araño, empregará metodoloxías participativas e está pensada para todas as idades. As persoas interesadas poden inscribirse ata o xoves 12 de xuño escribindo ao correo info@montescola.org.

Esta iniciativa enmárcase no Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto coordinado pola Fundación RIA co apoio da Fundación Biodiversidad do MITECO e coa colaboración do CISPAC, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos fondos NextGenerationEU.

Facebook
Twitter