Xornada de investigación | Destruír raias, construír pontes: estudos queer na Galiza e Portugal

02/06/2025

O vindeiro venres 6 de xuño celebrarase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo a xornada de investigación Destruír raias, construír pontes: estudos queer na Galiza e Portugal. O encontro, que se desenvolverá na Sala de Xuntas da FFT-UVigo a partir das 10:00h, está organizado polo grupo ILLA da Universidade da Coruña, o grupo de investigación BiFeGa da Universidade de Vigo e a Cátedra José Saramago da mesma universidade, e conta coa colaboración de entidades como o Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa da Universidade do Porto ou o CISPAC.

A xornada abordará os estudos queer desde unha perspectiva transfronteiriza e interdisciplinar, cun programa articulado en catro paneis: Entre o queer e o posthumano: poéticas do desvío, Arquivos esquecidos: outras formas de lembrar, Poesía e performance: vadíos, monstros e outros excesos e Habitar a fronteira: voces disidentes na literatura colonial e contemporánea. Contará coa participación de investigadoras e investigadores procedentes de diversas universidades galegas e portuguesas.

O acceso será libre ata completar capacidade e tamén poderá seguirse en liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo na seguinte ligazón:

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9862509602 (acceso estudantado: UAdqrn7W).

Facebook
Twitter