O vindeiro 28 de xaneiro de 2025, o CISPAC acollerá a XIV sesión do Ciclo de Teses en Discusión.
Noelia Valiño Vázquez, investigadora predoutoral do Campus Terra da USC, presentará a súa investigación “Reclusión, vida e franquismo nos psiquiátricos galegos (1939-1975)”, centrada na utilización dos psiquiátricos durante o réxime franquista en Galicia como espazos de reclusión para aquelas persoas consideradas marxinadas pola ditadura debido á súa ideoloxía, orientación sexual ou comportamento. Graduada en Historia (USC, 2018) e con Mestrado en Servizos Culturais (USC, 2021), foi beneficiaria dunha Bolsa de Investigación en Artes e Humanidades da Deputación da Coruña, onde levou a cabo o proxecto: “Unha ollada á represión franquista na provincia da Coruña dende o manicomio de Conxo (1939-1959)”.
Marián Cueto exporá os resultados das súa investigación coa intervención “La gestión del recurso animal al final del Paleolítico cantábrico. Lo que nos cuentan los huesos sobre el comportamiento humano”. Marián é licenciada pola Universidade de Salamanca e formada en institucións como o Institut de Paléontologie Humaine de París e o Institute for Archaeological Sciences de Tubinga, Cueto codirixe as excavacións de importantes xacementos arqueolóxicos como a cova de Tito Bustillo (Asturias) e El Pendo (Cantabria).
O evento terá lugar no Lar do CISPAC, dando comezo a primeira intervención ás 11h.