XII Sesión: Ciclo Teses en discusión

04/11/2024

O próximo 12 de novembro terá lugar unha nova edición do Ciclo Teses en Discusión.

A primeira intervención correrá a cargo de Sofia Marconi, doutoranda da Università di Firenze, quen presentará o seu proxecto sobre a modelización e definición de competencias dirixido a profesionais culturais para a promoción do benestar cultural nos territorios e para fomentar a participación das comunidades no goce do seu patrimonio.

Ás 12:00 horas, Andrea Rivas Fiel, investigadora predoutoral da USC no Grupo HISTAGRA, achegaranos unha perspectiva de xénero sobre o traballo e a mobilidade na Galiza rural contemporánea. A través do estudo de traballadoras do campo e do mar entre 1880 e 1940, Rivas Fiel analiza as dinámicas de traballo e coidados entre os xéneros na Galicia rural, ofrecendo unha visión histórica dos roles de xénero e a súa evolución.

Esta XII edición terá lugar no Lar do CISPAC ás 11:00 horas.

Facebook
Twitter