XI Sesión: Ciclo teses en discusión

02/10/2024

O próximo 21 de outubro celébrase unha nova edición do Ciclo de teses en discusión do CISPAC.

En primeiro lugar, Hugo Bal García (USC) presentará o proxecto “Estudo zooarqueolóxico do Noroeste da Península Ibérica durante o Último Período Glacial”. Hugo é graduado en Historia e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é investigador no GEPN-AAT e no CISPAC cunha bolsa predoutoral FPI do Ministerio de Ciencia e Innovación. Especializado en zooarqueoloxía, a súa liña de investigación abarca o estudo da fauna plistocénica de Galicia, concretamente na súa relación e explotación por parte das comunidades de cazadores-recolectores da zona.

A segunda intervención virá da man de Lucía Paz Aldrey, coa presentación “Conflitos socioeconómicos e enerxía eólica: O caso de Galicia”. Lucía é graduada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social na Universidade da Coruña. Actualmente atópase realizando o programa de doutoramento de Economía e Empresa na Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre o estudo do conflito socioeconómico que xorde en Galicia derivado do desenvolvemento do sector eólico mariño e terrestre.

A actividade terá lugar no Lar do CISPAC ás 11h.

Facebook
Twitter