Xan de Forcados 2023: Presentación de resultados

12/09/2024

O Programa Xan de Forcados* ten por obxectivo incentivar proxectos do persoal investigador mozo do CISPAC, financiado con cargo a partida orzamentaria do Programa de Apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a centros e institutos en proceso de rexistro e acreditación autonómica.

A proposta seleccionada no ano 2023 foi a de Samuel Nión-Álvarez, que presentará os resultados da súa investigación no noso centro. Esta actividade terá lugar o xoves 31 de outubro no Seminario 103, e a súa ponencia leva por título Os últimos anos do Castro de Elviña. Algunhas hipóteses.

A continuación podes consultar o cartaz do evento, así como a convocatoria do Programa Xan de Forcados.

(*) Baixo a denominación Xan de Forcados, na honra de don Xoán López Suárez (1880-1970), impulsor das actividades da JAE en Galicia e impulsor, entre outros centros, da Misión Biolóxica de Galicia.

Facebook
Twitter