VII Conferencia Internacional José Saramago da Universidade de Vigo – «A herdanza filosófica e sociopolítica de José Saramago»

24/10/2022

No ano do centenario do nacemento de José Saramago, a VII Conferencia Internacional José Saramago celebrarase entre os días 26  e 29  de outubro de 2022, de forma presencial, en Vigo, organizada pola Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo, o Paris Institute for Critical Thinking e o Camões – Centro Cultural Português en Vigo, co apoio da Xunta de Galicia, e da Fundaçao Eng.º António de Almeida, o Camões I.P. e a Univerisdade Lusófona de Humanidades e Tecnologias.

As actividades académicas e culturais que integran o programa deste ano transcorrerán en diferentes locais da cidade galega: no Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas / Edificio Cambón, no Camões – Centro Cultural Português en Vigo / Casa de Arines, na Sede Afundación Vigo e no MARCO.

Tomarán parte neste evento 61 conferenciantes procedentes de 41 universidades e 18 países diferentes, con todos os continentes representados, ademais de contar coa presenza de varios convidados e convidadas de excepción que participarán nas diferentes actividades culturais que integran o programa.

O tema do evento, “A herdanza filosófica e sociopolítica de José Saramago”, parte do libro Saramago’s Philosophical Heritage (2018), editado polos filósofos e profesores do Paris Institute for Critical Thinking (PICT), Carlo Salzani (University of Veterinary Medicine Vienna) e Kristoff Vanhoutte (University of the Free State, Bloemfontein), coorganizadores do evento.

Como primeiro eixo temático, exploraráse a grande relevancia contemporánea do legado filosófico deixado por José Saramago, incluíndo cuestións relacionadas cos animais, a empatía e o antropomorfismo. Completan este eixo, entre outros, os obxectivos sociopolíticos da rede JANGADA, a partir dos principios ético-morais consagrados na Carta Universal dos Deveres e Obrigações dos Seres Humanos.

Inspirada no discurso que Saramago pronunciou a 10 de decembro de 1998 en Estocolmo, cando recibiu o Premio Nobel de Literatura, a Carta doi elaborada na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) por unha comisión de especialistas internacionaise presentada á ONU en 2018. Así, o segundo eixo temático desta conferencia será esta Carta e o debate internacional sobre os seus temas.

O terceiro eixo temático incidirá sobre a relación entre o poético e o político en José Saramago, en estreito diálogo co proxecto “Contemporary Poetry and Politics: Social Conflicts and Poetic Dialogisms”, dirixido pola CJS.

Finalmente, o cuarto e último eixo temático baséase nas reflexións sobre a situación actual e o futuro da cultura e a lingua galega, a partir das coordenadas e reivindicacións que achega o pensamento saramaguiano.

O CISPAC, colabora na organización deste evento.

Para máis informacións, visite a web da Conferencia:

https://catedrasaramago.webs.uvigo.es/pt/blog/vii-conferencia-jose-saramago-da-universidade-de-vigo-a-heranca-filosofica-e-sociopolitica-de-jose-s-364/

Achégase o programa no documento embaixo.

Facebook
Twitter