VI Sesión: Ciclo teses en discusión

20/11/2023

O vindeiro 28 de novembro celebrarase a sexta edición do ciclo de teses en discusión no Lar do CISPAC.

Nesta ocasión, a investigadora Valentina Acquafredda (Università degli Studi di Urbino Carlo Bo) presentará o seu traballo que leva por título “The farmers, the state and the climate change in Ethiopia”. Introducirá a presentación Stefania Barca, Investigadora Distinguida Beatriz Galindo (CISPAC). 

A sesión celebrarase no Lar do CISPAC (Edificio Fontán, 2ª planta) ás 12h.

Facebook
Twitter