VI Consello Alimentario da Biorrexión do Eo

11/12/2025

O vindeiro 18 de decembro celebrarase na Casa da Cultura da Pontenova o VI Consello Alimentario da Biorrexión do Eo, un espazo de encontro clave para avanzar cara a sistemas alimentarios máis sostibles e de proximidade.

A xornada, organizada no marco do proxecto Eo Alimenta, centrará nesta edición a súa atención na voz das consumidoras, continuando a liña de traballo iniciada cos colectivos produtores. Ademais, presentarase o avance da Estratexia Alimentaria do Eo, así como novos instrumentos en marcha como o Test_Eo e o Selo SGP do Eo Alimenta.

O evento conta co apoio da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Caja Rural de Asturias.

Para máis información ou para confirmar asistencia: coordinacion@eoalimenta.org

Facebook
Twitter