O venres 3 de marzo ás 11:30 h, o CISPAC organiza a 5ª sesión do ciclo de Días de parolada, no que os investigadores e investigadoras do Centro achegan ao público o estado das súas investigacións.
Desta volta, investigadores da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago presentarán os seus traballos sobre ‘Mercado de traballo e xénero‘.
Contaremos coas intervencións de Mónica Ferrín, Andrea Rivas, Luisa Muñoz, Raquel Martínez e Laura Oso.

O evento terá lugar no Seminario 103 do CISPAC (Edificio Fontán, Cidade da Cultura) e poderá seguirse en liña na ligazón embaixo:
A asistencia é libre e gratuíta.