Unha visita ao Alto de San Cibrán dará a coñecer os resultados preliminares da campaña arqueolóxica

30/07/2026

O equipo responsable dos traballos arqueolóxicos no Alto de San Cibrán, situado entre Guláns (Ponteareas) e A Picoña (Salceda de Caselas), ofrecerá este sábado unha visita aberta para presentar de primeira man os resultados preliminares da campaña.

A actividade comezará ás 20.00 horas no propio xacemento e permitirá coñecer os avances e principais achados desta segunda intervención, desenvolvida no marco do proxecto Castelos no Aire coa participación do grupo SÍNCRISIS da USC e do CISPAC. A asistencia é libre.

Facebook
Twitter