Un café no Lar con Alba Ruiz-Cabanzón (IIPC-UC), investigadora de estancia na USC

07/06/2024

O vindeiro mércores 12 de xuño  a investigadora Alba Ruiz-Cabanzón participará nun encontro con motivo do comezo á súa estancia de investigación na Universidade de Santiago de Compostela. Este terá lugar no Lar do CISPAC ás 11h. A investigadora predoutoral do Instituto de Investigaciones Prehistóricas de Cantabria abordará o seu proxecto de investigación, centrado nos restos humanos achados na Cueva de la Garma (Cantabria).
Facebook
Twitter